Os estudantes galegos piden concreción á Xunta para despexar a incerteza sobre a selectividade

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2020 | Actualizada ás 20:43

Comparte esta noticia

As asociacións estudantís galegas pediron concreción á Xunta para "despexar a incerteza" do alumnado con respecto ao que queda de curso escolar e o material avaliable de face á celebración das probas de selectividade de xullo.

Así o trasladou o sindicato Erguer, que advertiu da "incerteza e presión" que está a experimentar o alumnado, sobre todo no caso dos de 2º de bacharelato. É por iso que, unha vez coñecidas as datas da ABAU, esixen á CIUG e a Consellería de Educación que "concreten e dean máis información" sobre o modelo de exame "canto antes".

Desde ALAGA, pola súa banda, reclamaron a suspensión do curso en todos os niveis educativos polas consecuencias que tivo o estado de alarma, sobre todo pola "agudización das diferenzas sociais" pola falta de medios e de atención á diversidade.

Por iso, consideran que se deben ter en conta os contidos impartidos presencialmente cara ás probas de acceso á universidade, e que debe adaptarse o modelo de proba á excepcionalidade da situación.

Unha estudante, co exame de Selectividade do ano pasado.. Óscar Canas - Europa Press - Arquivo
Unha estudante, co exame de Selectividade do ano pasado.. Óscar Canas - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta