Científicos da Universidade de Santiago presentan unha aplicación web que anticipa a posible evolución da Covid-19

Antes xa crearan un modelo similar para a gripe.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/04/2020 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

Investigadores do grupo MODESTYA da Universidade de Santiago de Compostela (USC) desenvolveron unha aplicación web interactiva que anticipa a posible evolución da Covid-19 en función de distintos parámetros e a través de tres modelos preditivos diferentes.

Modelo deseñado polo grupo MODESTYA da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que anticipa a posible evolución da Covid-19.
Modelo deseñado polo grupo MODESTYA da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que anticipa a posible evolución da Covid-19.

A aplicación foi desenvolvida por Manuel Oviedo e Manuel Febrero, do Departamento de Estadística, Análisis Matemático y Optimización da USC. Esta ferramenta ten a súa orixe noutra que crearan e presentaran en 2018, un modelo que permitia predicir a incidencia da gripe a partir da información meteorolóxica e emitir alertas con semanas de adianto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta