A Xunta podería reactivar a crise sanitaria en xuño convocando a milleiros de opositores

#OPOñomeaestaOPO... As redes sociais ferven tras manter o Goberno galego as oposicións para xuño a pesar da crise do coronavirus. Á proba poderían asistir centos de persoas doutras partes do Estado.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/04/2020 | Actualizada ás 21:50

Comparte esta noticia

A Xunta está disposta a manter o vindeiro xuño a convocatoria de máis de 3.600 prazas de oposición en educación, seguindo o calendario previsto. É o único goberno autonómico que mantería unhas probas que, nas actuais circunstancias pola pandemia do Covid-19, poderían supor un perigo de saúde pública.

Campaña contra a convocatoria das oposicións a educación
Campaña contra a convocatoria das oposicións a educación | Fonte: FB

“A nosa vontade é manter esa convocatoria por respecto ás miles de persoas opositoras que nestes momentos están a realizar o esforzo para prepararse", suliñaba a Consellería de Educación hai uns días a través dun comunicado.  “Nunha situación tan complexa como a actual, o noso obxectivo é manter o proceso, xa que aínda se está en prazo para poder levalo a cabo", indicaba.

En todo caso, a Xunta precisaba que está pendente da evolución da corentena e "se non se puidesen desenvolver con normalidade e garantías para a saúde de todas e todos os participantes, procederiamos a revisar os prazos".

FORTES CRÍTICAS

A reacción dos opositores non se fixo agardar. Milleiros deles denuncian a través das redes sociais a posibilidade de ter que realizar as probas e pídenlle á Xunta que que anuncie de inmediato un aprazamento desta proba, como xa fixeron o resto de comunidades autónomas. Mesmo, hai colectivos que pide que se suspendan as oposicións e se celebren o próximo ano nas mesmas datas.

Por iso se activaron en redes sociais como Facebook, Tuiter, youtube ou mesmo Instagram e baixo o cancelo #OPOñomeaestaOPO piden a mobilización para evitar a celebración destas probas. Así activaron unha recollida de sinaturas e mesmo unha enquisa telemática, que realizou FeSP-UGT e na que participaron máis de 7.000 persoas entre interinos e substitutos, opositores e funcionarios de carreira. O resultado non deixa lugar a dúbidas, 92,7% está en contra e só un 7,3% a favor.

OPOSICIÓN E SINDICATOS

Opositores consultados tamén critican o papel da oposición e dos sindicatos por non ser máis contundentes no rexeitamento a estas probas. De feito, a día de hoxe, ningunha formación amosou a súa oposición á realización destas oposicións.

“Somos a única comunidade onde o goberno segue empeñado en facer as oposicións si ou si, aínda a día de hoxe”, critica Ángel a Galicia Confidencial, que tamén denuncia a posición ambivalente dos sindicatos. “Por outro lado os sindicatos maioritarios, tamén carrexan o discurso ambiguo non posicionandose o que motivou un enfado xeneralizado”, engade. FeSP-UGT amosaron a este medio o seu rexeitamento a esta medida da Xunta, mesmo mobilizando a través das redes. Un comentario remitido ao FB deste medio cunha nota de CIG-Ensino apuntaba que este sindicato tamén aposta polo aprazamento das probas.

Tamén Luis salienta o perigo que suporía esta proba. “O que chama a atención é que dende a oposición practicamente non se escoitou a súa postura ante unha situación que no mes de xuño mobilizaría a máis de 5.000 persoas, mesmo coa chegada de opositores dende outras comunidades do Estado”, engade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 Lol

Iso non é certo!!!! E un globo sonda para ver como reacciona a xente, e como viron que a xente se lles votou enriba pois cando se acerque a data sairá o sr. nuñez coma o salvador de miles de persoas opositoras dicindo que se apraza a ope ata nova orden, iso e sempre así, parece mentira que non nos deamos conta. Logo dirá a xente ""ohhh que bo e o sr. nuñez, librounos do perigoooo!!!!!!

5 Un opositor

Esclarecedor un artigo de La Vanguardia segundo o cual "En el PPdeG reina el optimismo por el desgaste de Sánchez y el menor impacto de la epidemia en Galicia" polo que queren convocar elecciones o 28 xunio, última data posible. E claro non van suspender as Opos para convocar eleccións a semana seguinte. Supoño que se como dixo Sánchez, aínda conven unha nova prórroga, a semana antes do 26 abril comenzaremos a escoitar o run run de que xa non é preciso por x. Veremos enton se no pp manda Casado ou Feijo.

4 Titolito

No os dáis cuenta? El PP de Feijoo sabe perfectamente que no se pueden hacer las opos, pero quieren promocionarlas al mismo tiempo, para que se vea que ellos quieren generar empleo. Q hacen? Lanzan una serie de noticias para que los opositores armemos ruido. Q consiguen? Un eco a su gestión. Cual es el fin? Volver a ganar con mayoría absoluta.

3 anonimo 2

As oposição serão convocadas antes das eleições, a única maneira de que se posponham será que se posponham as eleições. É um tema político, Feijóo quere presumir de fomentar o emprego púbico e não consentira/deixará este doce para despois de umas eleições que sempre são incertas. Vergonha de politiquinhos.

2 Xian do Sil

Es un disparate mantener convocadas unas oposiciones en la situación actual aunque pudiera ser más segura para junio. Cuanto primero se anule el proceso mejor para todos. Para 2021.