Por Galicia Confidencial | | 16/04/2020 | Actualizada ás 10:01
O Monte Pindo, o chamado tamén como o Olimpo Sagrado dos Celtas, ofrécenos unha imaxe case onírica nestes tempos de pesadelo e angustia pola crise do coronavirus.
Este vídeo foi gravado en 2017 pero publicado agora en Youtube polo usuario O Fins, quen captou como a Lúa vai emerxendo polo pico do Pindo até alzarse por enriba del. Unha imaxe que serve para relaxarnos en tempos de estrés como os que estamos a vivir.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.