Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2020 | Actualizada ás 19:13
Arraianos Producións publicou o primeiro avance do documental 'De Carballo a Carvalho', unha peza audiovisual con motivo da súa homenaxe no Día das Letras galegas.
Este proxecto está realizado en colaboración coa Associaçom Galega da Língua (AGAL), a través do equipo conformado por Aser Álvarer, Xose Roi Martínez, Laura Yáñez Bastos e Moisés Quintas Suárez.
Na obra, diversas personalidades e expertos, como Víctor Freixanes, Pilar García Negro ou Darío Villanueva, entre moitos outros, repasan a vida e obra do profesor e intelectual ferrolán.
Teaser documentario "De Carballo a Carvalho" from Arraianos Producions on Vimeo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.