Médicos insinúan que o estudo epidemiolóxico da Xunta pode conter erros

Apuntan a unha "porcentaxe altísima de negativos" no estudo do Sergas con só o un 1% de positivos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2020 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

Representantes dos colexios de médicos de Galicia apuntan unha "porcentaxe altísima de negativos" no marco do test que se realizaron ata o momento no estudo epidemiolóxico que realiza o Sergas para coñecer como circulou o coronavirus COVID-19 pola Comunidade galega e sitúan por baixo dun un por cento os positivos ata a data. Así, din que isto pode ser debido a erros pola utilización de test ou a que, realemente, o virus non circulou entre a poboación galega.

En declaracións a Europa Press, o vicepresidente do Colexio de Médicos de Pontevedra, Manolo Rodríguez Piñeiro, comentou que "se o test funciona ben, preocupa moito" os resultados no que vai de desenvolvemento do estudo en Galicia --o xoves comezaron a chamar aos seleccionados e a facer as probas maioritariamente desde o venres--.

"A porcentaxe de negativos é altísimo en toda Galicia", afirmou para engadir que "por encima do esperado". Así, comentou que, aínda que algúns centros de saúde levan tres días coas probas e outros catro, con menos do 50% do censo escollido para esta primeira fase, a porcentaxe de negativos "é moi alto".

Como exemplo, puntualizou que "nunha área sanitaria de Galicia o venres fixéronse 400 test e só dous foron positivos", polo que estimou que no que vai de estudo, con menos do 50% do censo escollido testado, a porcentaxe de positivos na Comunidade sitúase "por baixo dun un por cento".

Nesta liña manifestouse o presidente do Colexio de Médicos de Ourense, José Luís Jiménez, quen valorou que "a inmensa maioría" dos pacientes aos que se chamou "aceptan participar" no estudo do Sergas sobre a circulación da COVID-19. No entanto, comentou a Europa Press que "a porcentaxe de positivos é moi baixo", o que supón que a poboación de Galicia "está moi pouco infectada e non pasou por elas o virus". Por iso, insistiu en que "con toda seguridade" a porcentaxe situarase "por baixo do 10% ou do 5%" de inmunes.

Por parte do Colexio de Médicos da Coruña, o seu presidente, Luciano Vidán, apostou por "esperar" a que se conclúa o estudo, xa que se realiza sobre unha mostra dunhas 100.000 persoas, para coñecer as conclusións.

Mentres, o presidente do Colexio de Médicos de Lugo, Manuel Fenda, sumouse á "hipótese" de que "ou o test non funciona" ou a poboación "non está infectada". "Non hai outra explicación", afirmou a Europa Press tras apuntar que os datos preliminares das probas xa efectuadas sinalan unha "porcentaxe moi pequena" de positivos por COVID-19.

RISCO DE CONTAXIO

Tamén José Luís Jiménez coincidiu en "as limitacións do test". "Non hai suficiente coñecemento e evidencia para dar valor aos test rápidos", sostivo, polo que apostou por "pór en corentena o valor" destes para "a toma de decisións individuais e de grupos conectados, como traballadores dunha empresa". "Aínda queda moito que aprender", apostilou.

Por iso, o doutor Rodríguez Piñeiro considera que, se se confirman estes datos, "a desescalada vai ser un auténtico problema". "Temos ao 90% da poboación virxe; non estivo en contacto co virus se o test funciona correctamente", sostivo, para avisar de que "o risco de contaxio pode ser brutal".

Neste sentido, volveu a reclamar probas "de maneira seriada" a "todo o persoal sanitario" "para ter en perfecto estado de revista" a estes traballadores. "Serán os que seguirán loitando, non días, senón os próximos meses", sentenciou, para reivindicar que "estean ben equipados e sabendo quen está ben e mal".

Test COVID-19 en Galicia.. DAVID CABEZÓN/XUNTA DE GALICIA / Europa Press
Test COVID-19 en Galicia.. DAVID CABEZÓN/XUNTA DE GALICIA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Tocabolas

Ou sexa..que foi todo unha Falacia...como a da Gripe A ou o Ebola???.