En Marea impulsará unha plataforma "galeguista" para presentarse ás eleccións

A formación di que a semana pasada celebráronse asembleas de En Marea con "éxito" e abordouse esta posibilidade de "retomar a iniciativa de crear unha plataforma galeguista".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2020 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

En Marea está disposta a presentarse a unhas supostos eleccións en xullo. Así o manifestou este grupo logo da xuntanza que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo cos principais grupos da oposición para analizar a data electoral que, o líder do PPdeG, quere poñer en xullo.

Luís Villares e membros de En Marea. EUROPA PRESS - Arquivo
Luís Villares e membros de En Marea. EUROPA PRESS - Arquivo

O membro da dirección Pancho Casal, que se mostrou seguro ao "99%" de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo optará polo 12 de xullo e, a preguntas dos xornalistas, sinalou que En Marea baralla impulsar de novo unha plataforma "galeguista" para presentarse ás eleccións, despois de que "por xenerosidade" decidisen non facelo o pasado mes de febreiro.

A preguntas dos xornalistas, sobre se En Marea vai reconsiderar a súa postura sobre presentarse ás eleccións autonómicas --o seu líder no Parlamento, o maxistrado Luís Villares retirouse da vida política, segundo anunciou--, Pancho Casal manifestou que "cambiou o país e o mundo" desde que En Marea adoptou aquela decisión e agora abriu unha "reflexión".

"Xogámonos que outra Galicia é posible", dixo, tras o que engadiu que, precisamente, a semana pasada, celebráronse asembleas de En Marea con "éxito" e abordouse esta posibilidade de "retomar a iniciativa de crear unha plataforma galeguista" con "garantías para enfrontarse ao goberno do PP".

Pancho Casal sinalou que "a situación política é diferente agora" e detectou que estes dous meses "a oposición desapareceu", polo que considera que "unha gran plataforma galeguista é unha boa idea que van tentar traballar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

2 Averdade

En Galicia hai un oco electoral que encher: o galeguismo moderado que non defenda a colonización portuguesa e as ideas estrafalarias do bng, o demáis son nichos de mercado xa cubertos.

1 Sentidiño

Ese oco é o dos fachas da boina coma Cuíña, Cacharro, Victorino e Baltar. Pu o dos piñeiristas arquitectos-economistas-e-freixanistas do psoe. Calquera cousa antes de gobernarnos nós mesmas. Ide prá co n a .

1 Menaxe

Dúas pandemias nunha... Cando pensas que xa é materialmente imposíbel dar máis peniña, voltan outravolta os mareadores rupturistas galleguistas ca súa caduca matraca de furgoneta vella. Non haberá alguén que lles faga o favor de abrir ollos e facerlles ver que son pasado e fanlle unha quinta columna ó servizo do frijol? Patriotas de 3 cadelas...