Por Galicia Confidencial | Laza | 14/05/2020 | Actualizada ás 21:46
Os veciños de Laza que queiran facer uso da pista de pádel terán que sulfatala despois de cada xogo. Así o decretou o alcalde, Jesús Blanco Conde, a través dun bando municipal, no que asegura que a sulfatadora e os produtos desinfectantes correrán a cargo do concello, pero que o traballo de sulfatar correrá a cargo dos deportistas.
Tal e como informa o Diario do Támega, o bando, que está a arrincar gargalladas cando se alcanzan as últimas liñas, déixao moi claro. Se en Laza quen queira practicar esta disciplina nas canchas do Toural, deberá coñecer as reviravoltas do manexo dunha máquina de sulfatar.
Ademais, o concello aclara que na prática deste deporte tense que respectar a distancia mínima de dous metros e evitar o contacto físico entre os xogadores.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.