As comunidades da Vía da Prata desenvolverán iniciativas de promoción conxunta

Andalucía, Castela e León, Estremadura e Galicia reforzan o seu compromiso para impulsar esta ruta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2020 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado pola comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, participou este martes nunha videoconferencia conxunta cos conselleiros das comunidades polas que discorre a Vía da Prata. No encontro expuxéronse distintas iniciativas que permitirán desenvolver medidas de promoción conxuntas vinculadas ao patrimonio e a gastronomía.

Así, segundo destacou a Xunta, Andalucía, Castela e León, Estremadura e Galicia reforzan o seu compromiso para impulsar esta ruta "con acreditado valor histórico e patrimonial" como elemento dinamizador dos seus territorios, con especial incidencia no rural e en áreas de baixa densidade demográfica.

A Vía da Prata é un itinerario xacobeo que vertebra España de norte a sur e que conta con "un gran potencial de crecemento grazas á súa riqueza patrimonial e natural", subliñou o Goberno galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta