O Concello da Coruña licita a concesión de 32 postos nos mercados municipais

Por E.P. | A CORUÑA | 20/05/2020 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña acordou, na Xunta de Goberno Local deste mércores, aprobar o expediente de licitación para a concesión de 32 postos nos mercados municipais de uso privativo de 15 anos de duración, prorrogables por outro dez máis, segundo informa.

O obxectivo, explica, é favorecer a inserción laboral das persoas desempregadas, das que padecen algún tipo de minusvalía e das mulleres. A adxudicación dos postos será a través dun procedemento aberto con pluralidade de criterios de valoración como a forma de licitación e con respecto ás cláusulas administrativas particulares e técnicas que os rexerán.

En concreto, estarán dispoñibles catro expositores no mercado de Palavea (un de froitas e verduras, un de peixe, un de comestibles e cantina e un de carnicería); un de "demais artigos", no de Ramón Cabanillas e un de peixe, no de Elviña.

A iso, sumaranse 12, en San Agustín (4 de froitas e verduras, 2 de comestibles e cantina, 2 de queixos e ovos, 2 de aves e 2 de peixe); e 14, na praza de Lugo (5 de comestibles e cantina, 5 de peixe, un de "demais artigos", 2 de carnicería e 1 de aves).

Mercado de Abastos Santiago
Mercado de Abastos Santiago | Fonte: Flirck

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta