Así soa 'Acuarel', o primeiro álbum conceptual dun dúo de guitarras en Galicia

Os músicos Rubén Reinaldo e Keli García botan a andar un dos seus proxectos máis especiais de Jazz Instrumental.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2020 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Guitarra Jazz Dúo, conformado polo vigués Rubén Reinaldo e o ourensán Kely García, veñen de presentar 'Acuarel', o primeiro álbum conceptual dun dúo de guitarras en Galicia. Composto por un total de oito cancións, este proxecto é "un dos máis especiais" para ambos os guitarristas e a súa escoita supón "unha viaxe sonora a través da Auga da nosa terra" como fío condutor de todo o álbum.

Rubén Reinaldo e Keli García
Rubén Reinaldo e Keli García | Fonte: Óscar García

Trátase de case unha hora de Jazz Instrumental onde as pezas están colocalas "nunha estratéxica orde" pensada para "outorgar ao oínte un caderno de ruta ideal" para se adentrar nunha obra completa, cunha estética sonora e un nexo ben definido, explican os músicos.

O proxecto foi editado por Free Code Jazz Records e está dispoñible na plataforma Bandcamp tanto para a súa escoita completa gratuíta en streaming como para a súa compra a escoller entre dous tipos de formato. Tamén pode atoparse noutras plataformas e tendas online e físicas (Amazon, Alliance Entertainment, Super D Distribution e Cd Baby) ou conseguirse mediante contacto directo cos propios compositores.

Este dúo galego comezou a súa andaina hai dous anos cando ambos eran profesores do departamento de guitarra do Centro de Música Moderna Ponteareas, un dos centros educativos musicais con máis experiencia no país. Pouco a pouco foron dando forma ao seu proxecto persoal, que toma un camiño moi pouco explorado no panorama musical actual e que axiña adrentraron ao estudo de gravación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta