Que hai detrás da suposta filtración do PP de Feijóo do vídeo de Irene Montero ao ABC?

O Comité da CRTVG apunta que os populares son os responsables da filtración por intereses partidistas ás portas dunhas eleccións. Acusa ao ABC de “mala praxe xornalística” pola difusión dunhas imaxes que a ETB dixo que foron “roubadas”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/06/2020 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

O Comité Intercentros da Corporación RTVG esixe unha investigación “seria e independente” para clarexar a posible filtración desde os arquivos da televisión pública galega ao ABC da previa dunha entrevista á Ministra de Igualdade, Irene Montero, na que facía uns comentarios confidenciais sobre as manifestacións do 8M.

A ministra, Irene Montero, e un pantallazo do programa de xestión de vídeos da TVG
A ministra, Irene Montero, e un pantallazo do programa de xestión de vídeos da TVG | Fonte: eldiario.es

Tras apuntar varios medios, entre eles eldiario.es, e a propia ETB, que a única televisión da rede Forta que tiña ese material era a TVG, pide, nun comunicado, que se aclare a posible extracción deas imaxes e se identifiquen ás persoas que puideron participar nesa filtración usando material de titularidade pública “para defender intereses particulares e partidistas”. 

ESTRATEXIA POLÍTICA

De feito, considera que esta filtración é “unha estratexia de desgaste político construída a través deste caso polo Partido Popular ás portas dunhas eleccións autonómicas co obxecto de responsabilizar da extensión da pandemia a quen autorizou os actos do 8M, nunhas datas nas que aínda se celebraban todo tipo de eventos masivos de carácter político, deportivo, cultural e social”.

MALAS PRAXES DO ABC

O organismo de representación dos traballadores considera que esta posible filtración “deteriora gravemente a credibilidade dos medios públicos de Galicia” no caso de que non se aclare se ese material, procedente procedente de Euskal Telebista a través do intercambio de información da FORTA, se extraeu dos arquivos da CRTVG para cederllo ao diario ABC. Precisamente, deste medio, o comité critica que  se fixo eco do contido dos comentarios da ministra “off de record”, “en contra da praxe xornalística establecida”.

O Comité lembra que o persoal da CRTVG leva anos denunciando e loitando contra a manipulación informativa a través de iniciativas como o blog “eunonmanipulo”, ou realizando actos como os “venres negros ou manifestacións como a do 8 de setembro de 2018.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

1 nostrus

Aqui vese a verdadeira faciana do fiminismo moderno, que é capaz de levar a cegos ao abismo si lles parece que poden gañar algo. Xa sabemos que eses dias se celebraron mais actos, pero foron permitidos todos para blanquexar o 8M, xa que só faltaria que suspenderan por coronavirus todos os actos menos o 8M. Queda demostrado que a minsitra de igual da, Irena Mentira pertenece a fauna da peor calaña e que foi capaz de esparcir o seu veneno tosendo enriba de tododios.

1 Ailalelo

Os expertos din que o efecto do 8-m foi residual, naxi, o veleno téndelo os fachos no corpo,porcalláns!