Atrasos no cobro de prestacións polas revisións que Xunta e Goberno están facendo dos ERTE

O Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia remarca que se están a facer inspeccións cando aínda non se teñen concedidos todos os ERTE.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/06/2020 | Actualizada ás 08:20

Comparte esta noticia

O Colexio de Xestores Administrativos cre que a ampliación a dez días do prazo para a autorización dun ERTE por parte da Xunta e Goiberno está traendo unha forte carga de traballo para o colectivo e a Administración e atrasa o pagamento de prestacións por ERTE ou outras continxencias.

Paro,Emprego,Inem,Parados,Oficina,Traballo. EUROPA PRESS - Arquivo
Paro,Emprego,Inem,Parados,Oficina,Traballo. EUROPA PRESS - Arquivo

Ademais, sinalan a redución das contías en prestación en caso de que as persoas solicitantes teñan un traballo por horas ou a media xornada. “O contrato da prestación está suspendido” din desde o Colexio, o que non invalidaría a contía recibida por ERTE.

Xunto a isto, sinalan que se están facendo inspeccións contra a fraude durante o proceso de concesión de prestacións pola COVID-19. “Isto fai que  se estea a traballar en varias frontes, por iso pedimos rematar un proceso antes de realizar inspeccións”.

Por todo isto, piden tanto á Xunta de Galicia como ao Goberno central que se remate primeiro o proceso de concesión de ERTE e posteriormente se fagan as inspeccións. “Hai catro anos para comprobar se se comenteron fraudes”, sinalan desde o Colexio de Xestores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta