Os galegos no exterior teñen ata este martes para solicitar o voto por correo

O prazo para votar por correo para as persoas residentes en Galicia permanecerá aberto ata o 2 de xullo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2020 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

Este martes 16 de xuño péchase o prazo para que os galegos residentes no exterior, tanto os que o fan de forma temporal como permanente, soliciten o voto por correo para as eleccións autonómicas do 12 de xullo.

Así, este martes será o último día para que os electores residentes de forma permanente no estranxeiro (CERA) como os residentes temporalmente no exterior (ERTA) pidan realizar os trámites para emitir o seu voto por correo.

A xunta electoral acordou ampliar ata este 16 de xuño o prazo de solicitude á oficina do censo electoral do voto dos electores residentes de forma permanente no estranxeiro (CERA).

Os electores inscritos no CERA deben cubrir a súa solicitude e remitila por fax, correo ou a través da sede electrónica do INE á delegación provincial correspondente da Oficina do Censo Electoral.

O prazo do envío por correo aos consulados do voto dos electores da CERA ampliouse ata o sábado 11 de xullo e ata as 20.00 horas do domingo 12 no caso do depósito do voto en urna nos consulados.

Dos 2.697.315 galegos chamados ás urnas o próximo 12 de xullo, 463.163 residen no estranxeiro. Destes, o país que máis achega segue sendo Arxentina (165.762); seguida de Brasil (43.158), Cuba (41.772); Uruguai (36.666); Suíza (33.440); Venezuela (28.898); Estados Unidos (19.959); e México (12.549).

RESIDENTES NO ESTRANXEIRO

No caso dos electores que se atopan residindo fóra de Galicia de forma temporal (agrupados como ERTA) tamén ten de prazo ata este martes para pedir o seu voto nas oficinas consulares ou seccións consulares das embaixadas.

Unha vez completado este trámite, deberán recibir a súa documentación e enviar o seu voto por correo ata o 8 xullo, segundo lembra este luns nunha comunicado a Xunta.

O prazo para votar por correo para as persoas residentes en Galicia permanecerá aberto ata o 2 de xullo. Pode solicitarse en calquera oficina de Correos ou por vía telemática na páxina web de Correos.

Tras as modificacións adoptadas para este proceso en aras de facilitar o dereito a voto durante estas eleccións marcadas pola pandemia de Covid-19, o voto poderá enviarse por correo certificado ata o 10 de xullo ás 14,00 horas ou ben entregalo ao funcionario de Correos no momento en que se recibe a documentación no domicilio.

Imaxe de arquivo dunha oficina de Correos.. CORREOS - Arquivo
Imaxe de arquivo dunha oficina de Correos.. CORREOS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta