Temas: TURISMO ALLARIZ

Aberta a Oficina de Turismo de Allariz

Despois da paréntese por mor da Covid-19 as infraestructuras turísticas do concello retoman pouco a pouco a actividade.

Por X.M. Fernández | Allariz | 17/06/2020 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

A Oficina de Turismo, punto de información situado na Alameda, abriu ao público o venres 12 de xuño con todas as medidas de seguridade e con un plan de continxencia especifico contra a Covid-19.

Oficina de Turismo de Allariz. Foto: Concello
Oficina de Turismo de Allariz. Foto: Concello

A atención ao visitante estase a realizar cun 50% do aforo, e as medidas de protección que inclúe o protocolo son: felpudo de desinfección de calzado, limpeza de mans con hidroxel, uso de máscara e de manparas protectoras así coma mantemento da distancia de seguridade.

Procedeuse a eliminación da zona de autoservizo de folletos turísticos para evitar a súa manipulación. A información facilítase mediante o uso dunha pantalla central fronte o visitante para que poida visualizar as explicacións de rutas, lugares de interese, monumentos e actualidade do concello.

Tamén se fomenta o uso de canles dixitais para facilitar a información aos turistas. Dende documentos en formato electronico ata códigos Qr para a descarga de guías, audios, etc.

Temas: TURISMO ALLARIZ
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta