Galicia encadea unha semana sen falecementos por COVID por primeira vez dende o estado de alarma

Só quedan 7 casos activos en hospitais, ningún na UCI.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2020 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

Galicia suma 7 días consecutivos sen que os hospitais notifiquen un só falecemento por coronavirus. Deste xeito, as cifras de falecidos mantéñense en 619 persoas logo do falecemento dun home de 83 anos ingresado no Complexo Universitario de Vigo o pasado mércores 10.

Hospital Montecelo
Hospital Montecelo | Fonte: Xunta

As cifras ofrecidas polo SERGAS sosteñen a tendencia apuntada nos últimos días e indican un retroceso paulatino da enfermidade. O número de casos activos en Galicia descendeu en oito pacientes desde este martes ata situarse en 341, mentres que as persoas curadas aumentaron a 10.503, o que supón 12 máis. 

Paralelamento, os hospitais tan só contan con 7 casos postivos ingresados, un menos que os contabilizados o martes 16. As UCIs galegas non rexistran ningún paciente.

BAIXAN OS CASOS EN RESIDENCIAS

Os casos de COVID-19 en residencias de maiores de Galicia descenderon ata as nove --cinco usuarios e catro traballadores--, o que supón dous menos que os notificados este martes, segundo os datos facilitados este mércores polas consellerías de Política Social e Sanidade.

En concreto, nas últimas horas recibiron a alta epidemiolóxica dous traballadores da residencia de maiores San José Hermanitas de Ourense, indicou a Xunta.

Deste xeito, quedan cinco casos positivos entre usuarios --catro en Santa Teresa Jornet e un en Caser A Zapateira--; e catro entre traballadores --un en San José Hermanitas de Ourense, un en San Carlos de Celanova, un en Santa Teresa Jornet na Coruña e outro en Remanso Claudina-Somoza--.

Desde o pasado sábado, segundo informou Política Social, non hai casos positivos, nin de usuarios nin de traballadores, nos centros de atención a persoas con discapacidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta