Por Galicia Confidencial | Brión | 25/06/2020 | Actualizada ás 11:00
Efectivos do GES e Policía Local do Concello de Brión buscan desde primeiras horas deste xoves un touro que fuxiu dun establo na parroquia de Bastavales.
O animal, de grandes dimensións, foi visto sobre ás sete da mañá no límite entre Bastavales e Sar segundo informan a Galicia Confidencial fontes d Policía Local de Brión, que suliñan que o animal non tería que ser perigoso pois leva tempo estabulado.
As persoas que vexan ao animal deben avisar ao 112 ou chamar á Policía Local ao 981 89 34 74.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.