Forte rebote da construción tras a corentena: repunta un 86% en Galicia

No mes de maio asináronse 2.783 contratos, case todos en Pontevedra e A Coruña.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2020 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

Forte rebote do sector galego da construción, que logo do frenazo imposto polo confinamento repuntou un 86% no mes de maio. En total, asináronse 2.783 contratos, moi por riba dos 1.499 rexistrados en abril pero a enorme distancia dos datos "pre-pandemia", que no conxunto do Estado situábanse un 19% por riba no mesmo período do ano pasado.

Traballadores da construcción nun edificio
Traballadores da construcción nun edificio | Fonte: arquitacasa

O incremento da construción, que segue a ser un sector clave na economía do marco do Estado, chega como un balón de osíxeno cando o groso das cifras macroeconómicas apuntan a unha caída histórica nunca rexistrada en tempos de paz. A mostra da tendencia xeral vén dada polo PIB, cun esborrallamento que o FMI sitúa nun 12'8% interanual. 

A recuperación da construción galega concéntrase nas provincias de Pontevedra e A Coruña, que acaparan 4 de cada 5 contratos. En concreto, Pontevedra rexistra 1.174 firmas, mentres que a rexión herculina recolle 1.128. Lugo queda con 231 e Ourense 250.

SÓ O 3% DO ESTADO

Aínda que o incremento intermensual galego supere a media do estado, cifrada nun 39%, o conxunto do contratos asinados segue a ser reducido se temos en conta os números nacionais entre os que Galicia apenas representa o 3% do total. La Rioja e Castela e León lideran o rebote, con taxas arredor do 100%, mentres que Andalucía e Murcia a recuperación non acada o 30%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta