Eu tamén desexo que o rei abdique. Pero que abdique na república, é dicir, na xente, que xa é maior de idade e xa que logo, perfectamente capacitada para escoller para tan alto oficio a quen mellor lle pareza, coa vantaxe de, se non lle gusta o elixido, cambialo por outro (ou por outra: a república non discrimina por sexo). Na monarquía tes que apandar co que che toque, e sáeche un undargarín e tes que aturalo queiras ou non.
Así que eu creo que o monarca de por aquí debería imitar á súa colega de traballo e deixalo xa mesmo.
Iso é o que lle deberíamos pedir ao rei. Que abdique en nome da democracia, da lóxica, do senso común, da razón, da ilustración, da ciencia, da modernidade, da igualdade, da normalidade, da responsabilidade, do laicismo, da vida e da saúde mental colectiva.
Porque as monarquías, as dos tulipáns ou calquera outra,son inimigas de todo o citado. Ademais dun anacronismo medieval e unha parvada nos tempos nos que andamos.
Que abdique xa.