Os avogados tamén cargan contra a Xunta por excluílos das axudas para facer fronte a crise da Covid-19

Din que Galicia é a única autonomía que non estableceu axudas económicas directas aos traballadores autónomos tras a crise da COVID-19".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 29/06/2020 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

O Consello da Avogacía Galega solicitou "financiamento digno" para a quenda de oficio e rexeitou a axuda exposta pola Xunta. Ademais, asegura que Galicia é a única comunidade autónoma de España "que non estableceu axudas económicas directas aos traballadores autónomos tras a crise da COVID-19".

Nun comunicado, explica que se dirixiu durante as últimas semanas á Consellería de Presidencia solicitando axudas para este colectivo, entre os que se atopan os avogados. Así mesmo, precisa que solicitou que a contía dos investimentos en xustiza gratuíta que realiza a administración galega "se homologue coas cantidades que se destina a ese servizo público no resto de España".

"Pois o gasto en xustiza por habitante en Galicia é un dos máis baixos de todo o Estado". "En concreto, cada expediente tramitado polos colexios de avogados compénsase en Galicia a uns 14 euros, mentres que no resto do Estado págase a 30 ou mesmos 40 euros".

"A resposta da Consellería foi ofrecer a firma dun convenio mediante o cal doaría unha cantidade económica idéntica a cada avogado da quenda de oficio, con independencia da súa situación económica e excluíndo aos avogados non inscritos na quenda de oficio".

O Consello da Avogacía Galega afirma que declinou a firma deste convenio por carta do 9 de xuño pasado, entre outros motivos, por entender "que esa doazón é discriminatoria ao excluír sen motivo ao resto dos profesionais, algo que o Consello non pode asumir".

Pola súa banda, expón á Xunta de Galicia que "se o que se quere é recoñecer o traballo dos avogados da quenda de oficio, o que debe facer a Administración é actualizar o baremo económico de compensacións que reciben polo seu traballo, e dotar economicamente á xustiza gratuíta para dignificala, en lugar de adoptar unha medida conxuntural pola aproximación das datas electorais".

Rolda de prensa ofrecida polo Presidente do Consello da Avogacía Galega
Rolda de prensa ofrecida polo Presidente do Consello da Avogacía Galega | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta