Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2020 | Actualizada ás 11:30
Este próximo xoves ás 23:59 finaliza o prazo para poder solicitar o voto por correo para as eleccións ao Parlamento Vasco e de Galicia do próximo 12 de xullo. Así o informou Correos que destacou que os cidadáns que queiran exercer o voto de xeito telemático nos vindeiros comicios galegos e vascos "aínda dispoñen de prazo para poder realizar os trámites necesarios".
Para acceder ó voto telemático, "os electores poden solicitar en calquera oficina de Correos de España, o Certificado da súa inscrición no Censo Electoral do País Vasco ou de Galicia", apuntan dende o servizo. Esta solicitude, lembran, "debe ser realizada persoalmente por cada elector, salvo en caso de enfermidade ou discapacidade acreditadas mediante certificación médica oficial que impida a formulación persoal da devandita petición", en que poderá "ser presentada en nome do elector por outra persoa autorizada notarialmente ou consularmente".
MODALIDADE TELEMÁTICA
A solicitude de certificado de inscrición no censo tamén se pode solicitar de maneira telemática a través da súa páxina web unha opción novidosa impulsada como consecuencia da situación sanitaria. Para solicitalo é necesario dispor de DNI electrónico ou dun certificado dixital válido para asinar electronicamente a solicitude e ter instalado no computador AutoFirma, a aplicación de firma electrónica do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. O prazo de presentación de solicitude telemática finaliza ás 23,59 horas deste xoves.
Telemática ou presencial, o paso seguinte á solicitude é o envío da documentación electoral, que será achegada á dirección indicada polo elector na súa solicitude, indicou Corrreos. O voto pode ser entregado tanto ó carteiro ou carteira como en calquera oficina ata o próximo 10 de xullo ás 14,00 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.