Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2020 | Actualizada ás 20:32
Galicia repoboará os seus bancos marisqueiros con máis de 18 millóns de unidades de semente de ameixa babosa e fina. Esta repoboación con especies autóctonas será realizada por sete confrarías e unha asociación nunha superficie de máis de 121.000 metros cadrados.
Segundo informa o Executivo, estas e outras accións están subvencionadas ao amparo da convocatoria de axudas a proxectos colectivos para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños.
O Goberno galego, no marco da súa reunión semanal, tamén informou de que case 200 profesionais do marisqueo a pé e cinco embarcacións participarán na recollida de lixo mariño en Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.