Escalada de tensión nos Peares: desaparece unha pancarta pro-Feijóo

Polo de agora descoñécese a identidade dos responsables. A plataforma que colgou o cartel contra o presidente da Xunta condena os feitos como "bochornosos" e traslada o seu apoio ós afectados: "nun país democrático todas as opinións deben ser respectadas".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2020 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

Os Peares é un pobo separado por tres ríos e unha idea: o apoio ou rexeitamento ó candidato do PP á Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. O clima de crispación e enfrontamento que, segundo relatou a GC a asociación A Voz dos Peares, se respira na vila vén de escalar un novo nivel coa desaparición dunha pancarta en favor de Núñez Feijóo.

Pancarta pro-Feijóo en Os Peares que resultou derrubada
Pancarta pro-Feijóo en Os Peares que resultou derrubada | Fonte: A Voz dos Peares

Polo momento, indican fontes da organización veciñal, descoñécese a autoría dos feitos, que terían sucedido na madrugada da noite do luns. O descolgamento foi denunciado en redes sociais pola plataforma A Voz dos Peares, que uns días atrás se responsabilizaba de ter colocado un cartel contra Feijóo para denunciar o uso "electoralista" da vila por parte do candidato 'popular'. A asociación, que en declaracións a GC lamentaba ter recibido presións por parte dos veciños "afíns" ó PP, saíu en defensa dos autores da pancarta pro-Feijóo, condenando os feitos como "bochornosos".

"Este tipo de accións non representan nin a Os Peares nin a esta plataforma", aseveraron nunha publicación da rede social Instagram. "Vivimos nun país democrático, no que todas as opinións respectuosas deben de ser respectadas", aludiron antes de ofrecer "todo o seu apoio e respecto ós afectados".

PRESIÓNS "DOS DE ARRIBA"

A noticia do derrubamento da pancarta chega dúas semanas despois de que a amentada asociación se decidira a quebrar o aparente "monocromatismo" da vila natal de Feijóo cunha pancarta crítica co dirixente 'popular'. Os veciños vencellados á plataforma denunciaron entón unha "caza de bruxas" impulsada dende o partido para dar cos responsables. Este colectivo denunciou, á súa vez, que as aparicións de Núñez Feijóo no pobo van precedidas, supostamente, dun "teatro" no que "carretan" a persoas de fóra de vila para facelas pasar por veciños que prestan o seu apoio ó presidente. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Bismutiño

Máis votos para o PP. A bloqueirada non entende que o pobo galego non quere macarras intolerantes.