Marea Galeguista: "É imposible que a situación na Mariña estea controlada de aquí ao venres"

"Se pode votar con garantías, non vai quedar outra que aprazar as eleccións, como mínimo nesta zona", indica Pancho Casal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2020 | Actualizada ás 16:46

Comparte esta noticia

O candidato á presidencia da Xunta por Marea Galeguista, Pacho Casal, ratificou que se rexistrou o recurso ante a xunta electoral para pedir a suspensión das eleccións na Mariña Lucense e cuestionou as palabras do presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, "dicindo que a situación está controlada". "Non fai falta ser enxeñeiro para saber que 128 casos de onte son máis que os 98 de antonte", evidenciou Casal, quen advertiu de que se "non hai garantías", haberá que acabar suspendendo as eleccións nesta comarca.

Tras conversar este martes co titular de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, advertiu de que o membro do Goberno galego lle dixo que "non teñen alternativa" e censurou que a "única opción" da Administración autonómica sexa que "o venres se poidan solucionar as cousas", unha postura que non o convenceu. "Tras a experiencia deste últimos catro meses, a Xunta está a improvisar e é imposible que a situación estea controlada de aquí ao venres", asegurou.

Deste xeito, incidiu en que se na comarca da Mariña non se pode votar con garantías, "non vai quedar outra que aprazar as eleccións, como mínimo" nesta zona.

REUNIÓN COMITÉ DE EMPRESA

As declaracións de Pancho Casal foron posteriores á reunión de representantes da súa candidatura co comité de empresa de Navantia, tras o que indicou que "hai que facer unha actuación inmediata", co desenvolvemento dun buque AOR. Así, dixo que "tendo unha enxeñaría", actualizada, poderíase "cortar chapa en menos de seis meses" e serviría "para ter carga de traballo antes do inicio das fragatas F110", que están previstas para dentro dun ano e medio.

Ao seu xuízo, o Ministerio de Defensa e o Ministerio de Industria "deben dar para adiante a isto de maneira inmediata." Outra das peticións de Pacho Casal foi o financiamento do plan industrial e criticou o Goberno central porque, tras tres anos "non hai nada orzado". Neste sentido, lembrou que nos orzamentos errados do 2019 "non había ningunha partida para isto."

Por iso, considerou que son unha "liña vermella", para apoialos, unha dotación orzamentaria ao plan industrial, o que suporá "o desenvolvemento do dique seco cuberto en Caranza, que sería un dos máis importantes do mundo".

Este proxecto, matizou, tería que contar con "indemnizacións polo impacto visual polas súas grandes dimensións", concretamente á veciñanza da área de Telleiras. Pero, engadiu, sería unha obra "fundamental para Ferrol e a súa comarca e desexou que estas obras "non lles prexudiquen gravemente".

REUNIÓN

O candidato deu a coñecer detalles da reunión co comité de empresa de Navantia, onde recibiu queixas dos traballadores polo acto de presentación do contrato entre Navantia, Windar e Iberdrola realizado o pasado 18 de xuño en Navantia Fene, coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. "Vendeu este contrato, pero tan só van participar neste proxecto 20 traballadores de Navantia e só persoal de xestión, o resto serán traballadores de Windar", advertiu.

No lado positivo está "a carga de traballo para as empresas auxiliares, que é benvido", pero o candidato insistiu que este contrato, apoiado nas empresas auxiliares, "se pode facer con tecnoloxía propia de Navantia".

O candidato de Marea Galeguista, Pancho Casal, pousa para unha entrevista con Europa Press. EUROPA PRESS-BEATRIZ VILA
O candidato de Marea Galeguista, Pancho Casal, pousa para unha entrevista con Europa Press. EUROPA PRESS-BEATRIZ VILA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta