Por E.P. | Santiago de Compostela | 09/07/2020 | Actualizada ás 20:15
O candidato de Marea Galeguista á Presidencia da Xunta, Pancho Casal, reclamou ao presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, que reúna este venres todos os partidos para avaliar se se "pode votar con seguridade" o vindeiro domingo.
"Que nos chame, que nos convoque no Parlamento ou na sede da Xunta, para que nos traslade toda a información e tomar a decisión", sinalou Casal, que se preguntou se está "garantido" o voto para "70.000 galegos" que viven na comarca da Mariña. "A realidade é que non, están a xurdir novos casos (de afectados)", dixo.
Para Casal, do mesmo xeito que houbo unha reunión do presidente coas principais forzas políticas que se presentaron ás eleccións, tamén debería habela agora para avaliar a situación actual, aínda que non precisou se debería terse en conta unha suspensión na Mariña ou xeneral para toda Galicia.
"Esperamos esa chamada do Goberno para que todos os galegos saiban se imos votar ou non", aseverou Casal, que se pronunciou así antes de coñecer a resolución da xunta electoral central, pola que se ratificou a postura da xunta electoral de Galicia e considérase que se dan as condicións de circulación para acudir a votar o vindeiro domingo, coa "excepción" dunha parte da poboación --a contaxiada por coronavirus--.
"Nós, antes de decidirnos, gustaríanos ter toda a información. Seguimos sendo responsables e prudentes e non facemos electoralismo, pero queremos ter opinión", sentenciou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.