Debería a cativada ter máis protagonismo nas políticas públicas?

Unicef entra en campaña para demandar ós partidos do 12X que fagan da infancia unha "prioridade orzamentaria" na vindeira lexislatura.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2020 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

O papel dos nenos e nenas nas políticas públicas, a debate. UNICEF vén de remitir un comunicado ós candidatos á Xunta de Galicia instando que fagan da protección da infancia unha "prioridade" na vindeira lexislatura que quedará conformada cos votos deste 12X. A organización, que chama a protexer "os dereitos da infancia e a adolescencia", presente á parte un total de 35 medidas a ter en conta polo próximo executivo.

Un neno no interior dun piso en Santiago mentres sinala á rúa durante o confinamento
Un neno no interior dun piso en Santiago mentres sinala á rúa durante o confinamento

Entre estas, destaca a conformación dunha Lei Galega de Infancia e Adolescencia que sirva de base para impulsar as políticas dirixidas de xeito específico á rapazada para garantir eses devanditos dereitos. De xeito paralelo, o organismo dependente da ONU esixe a creación dun Observatorio Galego da infancia e a familia que iría parello ó recoñecemento como "prioridade orzamentaria" da infancia, de xeito que se garanta un investimento "suficiente, adecuado e estable".

O documento remitido ós principais líderes recolle á parte unha serie de medidas encamiñadas de xeito específico á protección do nomeado colectivo na vindeira circunstancia marcada polo coronavirus. Tamén en liña coa actualidade da política social, esixen aumentar a dotación de recursos para reverter a fenda dixital, educación pública e gratuíta para todos os cativos de 0 a 3 anos ou ampliar as rendas mínimas para beneficiar ás familias con fillos e fillas ao seu cargo.

A CRISE DA COVID, UN AGRAVANTE

“Sen un sistema de protección social axeitado, os nenos e nenas que xa estean en situación de pobreza e exclusión e as súas familias, e aqueles que experimentan unha situación de pobreza como resultado da crise asociada á COVID-19, non terán os medios para protexerse da pandemia, acceder a servizos básicos e reconstruír os seus medios de vida", apunta Myriam Garabito, presidente de UNICEF Comité Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta