Feijóo mantén a súa maioría absoluta en Galicia

O PP obtén 42 escanos e o BNG consolídase como segunda forza, con 19. O PSdeG sacaría 14 escanos e Galicia en Común quedaría fóra da Cámara galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2020 | Actualizada ás 21:09

Comparte esta noticia

O candidato do PPdeG á reelección como presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, revalidaría e aumentaría a súa maioría absoluta nas eleccións deste domingo, ao obter 42 escanos, co 98% do voto escrutado, un máis ca os que obtivera xa nas eleccións do 2016.

O BNG logra outro histórico 'sorpasso' ao PSdeG-PSOE e alcanza os 19 escanos, mentres que en 2016 quedouse como cuarta forza, con tan só seis prazas no Parlamento galego. Pola súa banda, o PSdeG-PSOE queda relegado a 14 escanos, os mesmos que obtivo nas anteriores autonómicas.

E batacazo histórico para Galicia en Común, a coalición que aglutina a Podemos, EU, Anova e algunhas mareas locais, non obtería representación, nin Marea Galeguista, a outra parte herdeira de En Marea e conformada tamén por Partido Galeguista e Compromiso por Galicia.

No seu début nunhas eleccións galegas, Vox non obtén representación no Parlamento galego, nin tampouco Cs.

Eleccións
Eleccións | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

5 Ana

Maioria absoluta para que sigamos sen caixas propias, sen tarifa electrica galega (mentras pechan empresas polo prezo da enerxia), coa xuventude emigrando, co rural abandoado, coa lingua perdendo falantes, con peaxes caras... ¿Queredes iso galegos?. Pois disfrutadeo. Gañou Madrid e perdemos os galegos. ¿Renunciarian os vascos ao concerto economico ou Madrid a ser a capital?. Pois pq temos nos que renunciar a beneficiarnos de producir enerxia para ser mais "españolistas". ¿O "españolismo" consiste en que os galegos non prosperemos?. Pois que leven os eolicos e hidraulicas para Madrid pq se estan aqui temos dereito a nos beneficiar para deixar de emigrar. Politicos que decides NON a unha "tarifa electrica galega" sodes traidores ao pobo galego.

4 Xavolve

Derrota do BNG? Se ata os de VOX lamentan máis a súa suba que a maioría caciquil do PP. Derrotas así fan victorias. O electorado do PP vai a menos cada ano e o futuro é bloqueiro... Fakejóo en dous anos pra MadriZ (e sen recambio na Galiza...). A caverna mandrileña "on fire" con dona Ana e os seus "cachorros indepes"... E os de VoxCs nin auga XD

3 Salomé

Un resultado excelente para o BNG non concorda cun resultado nefasto para @s galeg@s. Logo non confundades o negocio da UPG, axudado pola desaparición dos oportunistas e o trasvase de cromos, nada de avance, coa aplastante derrota que esta noite debe sentir tod@ galeg@ decente. Isto é unha vergoña, nada que presumir!

2 Alexeiev

Non sei que mais ten que facer, ou non facer, o Sr. Feijoo para que nesta terra o PP perda unhas eleccions... A miña noraboa a Ana Pontón, resultado histórico do BNG, lastima que non valga para descabalgar a Feijoo. A esquerda en xeral ten que revisar a fondo que e o que pasa en Galicia, teñen que dar moitas explicacions, en especial o bloque do goberno estatal

1 nostrus

Sintoo moito polo Psoe, pero recoñezo que lle esta ben por arrimarse a malas compañias e apañar toda a por-kallada que atopa ao seu paso pactando con mais rancio da politica española. Vese claramente que o pacto do Psoe-bloque asustaba ao pobo galego. Galicia non é unha rexión desleal. Miña noraboa a Ana Pontón inda que me doe, pero estou convencido de que este miniéxito só lle valerá para que nos próximos comicios o hostión sexa espectacular. Ogallá que este resultado faga reflexionar ao Psoe e volte ao rego.

1 Violeta 4

En resumen. Nueva victoria aplastante del PP, BNG se junta otra vez con las Mareas, Podemos desaparece de Galicia y fracaso estrepitoso del sobrino del cacique de Vigo. No habrá muller presidenta en Galicia porque así lo quieren los gallegos. Pontona DIMISIÓN.

1 Alexeiev

Co millor resultado histórico do BNG e vostede pide a dimisión de Ana Pontón??? Por esa regla de 3 que marche tamen Feijoo...

2 Violeta 4

Infórmate bien. El mejor resultado histórico del BNG fue con Beirás en 1997. 395.000 votos y el 25%. Ahora se ha beneficiado del descalabro de Podemos. Pero tu jefa daba por seguro que iba a ser presidenta nacionalista feminista chachiguay...Y no lo consiguió. A dimitir.

3 Juas

Si ho, se non dimite e fai autocrítica pra dentro de catro anos igual ti nin lle votas.

4 VioletO

Violeta vai á escola, sabes un pouco menos do que pensas que sabes. Andando...

5 Ana

O BNG foi o partido que mas subeu nestas eleccions e iso que nos medios de comunicacion estatais practicamente so falaban de Feijoo. Iso si, neses medios non falaban apenas da sua xestion: sen caixas propias (a diferneza de outras comunidades), sen tarifa electrica galega (a pesar de ser productores e mentras pechan empresas), emigracion da xuventude, abandono e despoboamento do rural, debeda publica, peaxes, a sanidade peor ca nunca, etc. Falaban do "gran lider" pero non da sua pesima xestion que deixa unha Galicia peor da que lle deixou o bipartito. Dos lideres (que logo fan carreira en Madrid), non comen os galegos, comen de proxectos que fagan pais e melloren a vida da xente con iniciativas como a "tarifa electrica galega". Gañou Feijoo pero perdemos os galegos.