Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 26/07/2020 | Actualizada ás 18:22
A 51ª edición da Festa do Carneiro ao Espeto reuniu 7.000 persoas entre as comidas, os espectáculos e a actividade social dw fin de semana en Moraña, segundo datos do Concello.
A celebración, declarada de Interese Turístico de Galicia, organizouse este ano tendo en conta as medidas contra a COVID-19. Un total de 1.500 morañeses compartiron 80 pezas de cordeiro, preparadas durante oito horas co tradicional espeto, nos seus domicilios ou nos restaurantes e carpas de hostalaría instaladas en Santa Lucía, sinalou.
O ambiente deste domingo, apuntou o Concello, foi "distinto" ao das "multitudinarias edicións anteriores", posto que non se celebrou a comida popular na Carballeira de Santa Lucía.
Houbo oito espectáculos este fin de semana, nos que se reuniron 3.500 persoas. A programación péchase esta noite co concerto de Galifunk Brass e a representación de 'Amantes dá Terra', da compañía Queiman e Pousa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.