Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2020 | Actualizada ás 22:15
Co mar de Orzán detrás e Montealto ao fondo. Así posou para a revista Love a cantante Marta Sánchez na que había de ser a polémica do día en Twitter. A alarma saltou cando os usuarios comprobaron que a revista situaba á cantante de ascendencia galega en Canarias, cando en realidade a estampa amosada pertencía á área coruñesa de Riazor.
"Enamorada de la isla y de su gente, Marta nos ofrece imágenes tan bonitas como esta", reza o subtítulo da imaxe da que se fixo eco a rede social. O post orixinal foi publicado pola que fora líder do PSOE na Coruña, a tamén exdeputada no Parlamento Galego Mar Bacón. "Estoy segurísima de que a Marta Sánchez le encanta Canarias... pero esa foto, ese mar y ese cielo infinito son de Coruña", apuntaba cun guiño.
Querida gente de @revistalove, estoy segurísima qie a Marta Sánchez le encanta Canarias.. Pero esa foto, ese mar y ese cielo infinito son de #Coruña... 😉 pic.twitter.com/TCWhOn56iq
— Mar Barcón Sánchez (@marbarcon) July 29, 2020
A publicación da histórica política socialista axiña foi respostada por varios usuarios que se lanzaron a ironizar sobre a confusión acontecida na revista.
Creo que en la Domus dan clase de silbo gomero, y hay servicio de guagua.
— Uxío (@_uxio) July 29, 2020
Confunden el depósito de agua de Monte Alto con el Teide, o es cosa mía?
— jose (@joseferrenho) July 29, 2020
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.