Por Galicia Confidencial | Ferrol | 03/08/2020 | Actualizada ás 09:41
A casa natal de Ricardo Carvalho Calero en Ferrol, onde naceu, é máis que unha ruína. Só se conserva a fachada principal soportada por uns pontóns que, en calquera momento, poden ceder, e provocar a desaparición total do que un día foi a vivenda do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas.
Esta casa conserva unha placa na que se lembra que nela naceu Carvalho Calero e, pouco máis, porque leva en estado ruinoso desde hai tempo. Con todo, o rexedor ferrolá Ángel Mato anunciou este sábado unha partida para tentar adecentar o inmobre.
"O equipamento cultural que se instale na casa natal de Ricardo Carvalho Calero debe servir tamén para dinamizar o barrio", afirmou o alcalde nun acto o pasado xoves tal e como recolle radiofusion que insistiu no compromiso municipal de rehabilitar a edificación para a que o grupo de goberno incluiu unha partida de 600.000 euros que aínda non se executaron porque o concello agarda pola colaboración de outras institucións para acometer o proxecto.
O Concello de Ferrol adquiriu en 2010 a casa natal de Ricardo Carvalho Calero e as dúas vivendas colindantes por un importe total de 350.000 euros. Un derrumbe posterior obrigou a apuntalar a fachada e valeirar o interior da vivenda da rúa San Francisco.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.