Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2020 | Actualizada ás 14:30
Os delegados de Unión Sindical Obrera (USO) na fábrica de Conservas Calvo, están a ser sancionados por mor das súas reivindicacións á empresa, entre as que se atopan a equiparación salarial entre homes e mulleres.
Desde as eleccións sindicais en Calvo do pasado ano, nas que o sindicato se presentou por primeira vez e sacou maioría no comité de empresa, a empresa négase a negociar con esta representación legal impoñendo o seu criterio e perseguindo aos membros do comité da USO.
Co comezo das denuncias da USO pola escandalosa discriminación salarial entre mulleres e homes desenvolvendo idéntico traballo, así como a reivindicación de melloras salariais e organizativas, a compañía comezou unha “caza aos representantes da USO” aos que xa impuxo senllas sancións a dúas deles.
Iniciaronse xa accións legais dende o sindicato pola gravidade destes feitos, así como coa organización de contundentes medidas de acción sindical.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.