Por Europa Press / Redacción | Madrid | 04/08/2020 | Actualizada ás 20:19
O Consello de Ministros nomeou este martes novos embaixadores en misión especial para a Igualdade de Xénero en Política Exterior, o Sahel, o Plan África, para as Ameazas Híbridas e a Ciberseguridade e para a Mediación e o Diálogo Intercultural.
En concreto, o novo embaixador para a Mediación e o Diálogo Intercultural é o galego Ramón Blecua Casas --Ferrol, 1962--. Diplomático desde 1988, foi xefe da unidade de apoio do director do Instituto de Cooperación Iberoamericano, asesor do secretario de Estado para Cooperación Internacional e Iberoamérica e xefe do Gabinete do director do Instituto Cervantes.
Tamén desempeñou postos nas embaixadas embaixadas de España en Ghana, Indonesia, Exipto, Guatemala, Irán e India, e foi cónsul xeral adxunto en Buenos Aires.
Pola súa banda, o Consello de Ministros tamén designou á galega Nuria Reigosa González como embaixadora en Níxer. Naceu en Pontevedra en 1972. É licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña. Ingresou na Carreira Diplomática en 2003.
Ademais de desempeñar diferentes cargos no Ministerio, Reigosa estivo destinada en Alxeria e nas embaixadas de España en Romanía e Turquía. Actualmente ocupaba o posto de segunda xefatura na Embaixada de España en Cuba.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.