UGT pide a Inditex que realicen probas PCR a todo o persoal da tenda do Marineda City na que houbo un positivo

Afirma que existe "incerteza e intranquilidade" e "alarma" entre os traballadores

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/08/2020 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

O sindicato UGT pediu ao Sergas e á dirección de Inditex que se realicen probas PCR a todo o persoal da tenda Lefties do centro comercial Marineda City, na Coruña, ao considerar que só se fixeron a "un grupo moi reducido" de persoas tras o positivo confirmado na mañá do mércores.

A través dunha nota de prensa, a central explica que solicitaron ao Sergas que se fixesen o test a todo o persoal pero que a Consellería de Sanidade negouse porque, segundo apunta, "non hai contacto estreito mentres non se realice un contacto de máis de 15 minutos sen máscara". Engade que a empresa "se remite ao que determine o Sergas".

UGT afirma que existe "incerteza e intranquilidade" e "alarma" entre os traballadores tras a confirmación, ás 9,00 horas de onte, dun positivo na tenda e o seu posterior peche, ás 14,00 horas, segundo informa o sindicato.

Con todo, fontes consultadas por Europa Press sinalaron que a traballadora non acudiu ao seu posto desde o pasado sábado e que se procedeu a pechar a tenda tras confirmarse que se traballa dun caso positivo para proceder á súa desinfección.

Por último, UGT esixe que haxa "protocolos claros e operativos" para "minimizar" os riscos para os traballadores e a poboación "coa maior celeridade posible".

Centro comercial marineda da Coruña
Centro comercial marineda da Coruña | Fonte: ROBERTO TREVINO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta