As empregadas da cadea Lefties, do grupo Inditex, levan xa meses de mobilizacións pedindo melloras nas condicións laborais. Unha das cuestións destas mobilizacións é a pouca comunicación por parte do grupo empresarial arredor deste punto. Galicia Confidencial tentou contactar coa compañía, mais non tivo ningunha resposta sobre o que está acontecendo.