A Rapa de Bestas, unha tradición centenaria que volve ás orixes... Non haberá público

Coa cancelación da Rapa das Bestas por mor da COVID-19, os veciños de Sabucedo decidiron facela pola "responsabilidade do coidado da súa eguada"

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2020 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

A Asociación A Rapa das Bestas de Sabucedo celebrou o domingo, 9 de agosto, durante todo o día, a primeira xornada de coidado das bestas no monte, unha medida coa que se pretenden suplir as tarefas que se fan durante a festa de comezos de xullo –cancelada este ano por seguridade sanitaria– e coa que se pretende garantir o seu benestar.

Xornada de coidado do monte en Sabucedo.
Xornada de coidado do monte en Sabucedo. | Fonte: Asociación A Rapa das Bestas

Un cento de persoas, principalmente veciños de Sabucedo e a súa bisbarra, estiveron 14 horas consecutivas traballando. Conseguiron reunir a 80 bestas das mandas que habitan nas proximidades de Sabucedo. 

As eguas foron trasladadas ata o peche do Peón, onde se procedeu ao marcado con microchip dunha ducia de poldras deste ano con persoal veterinario, á desparasitación interna de toda a cabana, algunhas rapas de crinas nas bestas que máis o precisaban e ao control e cambio de cabalos co obxectivo de favorecer un mellor desenvolvemento das mandas.

"A xornada foi longa e dura, xa que se celebrou baixo un abafante calor e incluso houbo que organizar unha comida campestre, que cumpríu escrupulosamente cos protocolos sanitarios de emprego de máscaras, distancia interpersoal, hixiene de mans e racións individualizadas", indica a Organización da Rapa das Bestas de Sabucedo.

O presidente da asociación, Paulo Vicente, quixo agradecer a ampla participación da veciñanza, “o que demostra a súa responsabilidade e implicación co coidado da nosa eguada” e explicou que este tipo de traballos por xornadas “é moito máis latoso e lento que se o fixeramos de xeito unificado na Rapa, pero decidimos non celebrala por responsabilidade e agora temos que sacrificarnos bastante.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta