Críticas á Xunta por pedir agora un protocolo de educación ó Goberno: "son uns incompetentes"

Numerosos usuarios das redes sociais critican duramente a Almuíña por pedir directrices ó Executivo: "non queren competencias porque non saben que facer con elas".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2020 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

Novo episodio de críticas polo protocolo de regreso ás aulas. Logo da denuncia de sindicatos e asociacións pola demora da Xunta á hora de elaborar o plan viñeron os ataques ante os "riscos" para a saúde de docentes e alumnos. O último capítulo neste traxecto de denuncia e indignación vén dado pola intervención do Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, que no día de onte pediu ó Goberno central un "protocolo básico" para regular o regreso ás aulas.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, durante unha rolda de prensa.. CONCHI PAZ - Arquivo
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, durante unha rolda de prensa.. CONCHI PAZ - Arquivo

As reaccións de sindicatos e plataformas non se fixeron agardar. Dende organizacións de diversa natureza acusaron á Xunta de desligarse das súas competencias para poder "botarlle a culpa" ó Executivo central cando o seu plan "fracase".

Con todo, o rexeitamento a este novo paso da Xunta veu tamén de usuarios particulares, que tamén afearon á Consellería esa vontade de buscar "escusas" para "botarlle as culpas a outros".

As críticas xurdidas a raíz deste episodio encádranse nunha longa estela de denuncias de anpas e profesores, que dende hai semanas acusan á Consellería de Educación de "delegar competencias nos profesores" para non ter que asumir as consecuencias dun hipotético fallo, tal e como publicou Galicia Confidencial. “Unhas instrucións con moito detalle asumen responsabilidades, quitándollelas aos docentes. A Xunta fai o contrario: deixa abandonada á comunidade educativa para non cargar coas consecuencias nin cos custes”, destacou Fernando Lacaci, presidente da Confederación de Anpas Galegas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Susi

Mágoa non ter conselleiro ou conselleira de Sanidade neste país.. Moita falta fai

1 Sentidiño

Hai consigna do PP (Madrid, Andalucía, Galicia) para desfacerse agora das competencias de educación. Así poderán culpar o goberno do estado do que pase no inicio do curso. Coherencia e patriotismo.