Detectado un novo foco con 7 positivos en Cedeira e soben a 16 os casos do campamento en Cerdido

Considérase "pechado" un brote con tres casos relacionado con convivientes desprazados nun coche a Ferrol desde Valencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2020 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Ferrol detectou un novo foco de COVID-19 no municipio coruñés de Cedeira con sete casos positivos con orixe nun núcleo familiar, mentres que aumentan a 16 os relacionados cun campamento de Cerdido.

Segundo informaron por parte da área Sanitaria de Ferrol, a orixe do brote de Cedeira enmárcase nun núcleo familiar e analízanse os convivientes destes casos positivos. Mentres, o brote de Cerdido aumenta a 16 casos, ao sumarse un máis relacionado, indicaron as mesmas fontes. Tres dos positivos son monitores, dous menores e 11 contactos dos anteriores.

Este trátase dun brote identificado na área Sanitaria de Ferrol no 'Campamento de Verán 2020' que organiza a Sociedade Cultural Airiños dos Carrís e a AMPA do colexio Os Carrís. Ademais, por parte da área ferrolá considérase "pechado" un brote con tres casos relacionado con convivientes desprazados nun coche a Ferrol desde Valencia.

Unha sanitaria, antes de realizar un test de coronavirus no Hospital Público da Mariña. EFE
Unha sanitaria, antes de realizar un test de coronavirus no Hospital Público da Mariña. EFE | Fonte: ELISEO TRIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta