Cando o Camiño de Santiago se fai por mar e non a pé

30 peregrinos desembarcan este venres en Galicia logo dunha semana de traxecto dende o País Vasco.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2020 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

Será na tardiña deste venres cando os peregrinos que embarcaron en Xixón pisen terra firme xa en Galicia, na vila de Viveiro. Ese será o remate dunha travesía que arrincou na madrugada da mesma xornada, tan só unha etapa das 16 etapas que comprenden o particular Camiño de Santiago que están a desenvolver unha trintena de peregrinos como parte da quinta edición de 'Navega o camiño'.

Un veleiro.
Un veleiro.

Esta modalidade da peregrinación, que cambia as estradas e sendeiros polo Mar Cantábrico e o océano, comprende "unha ducia de barcos", segundo os organizadores" cuxos tripulantes chegarán a Compostela o próximo sábado 29 de agosto. Os últimos kilómetros, claro está, terán que realizalos como o resto dos peregrinos: percorrerán a pé a distancia que separa Padrón ata a Catedral.

"SEGURIDADE SANITARIA"

A modalidade naval do camiño, organizada por Sail the way, configúrase este ano como unha alternativa coa "máxima seguridade sanitaria", segundo apuntan os responsables do evento. "Tómase a temperatura aos navegantes ao embarcar e desembarcar, entre outras medidas de hixiene", apunta, á parte de destacar que foron suprimidos os eventos "multitudinarios" e as recepción nas localidades nas que vai facendo escala a frota. O traxecto comezou o pasado 14 de agosto no porto de Hondarribia -na fronteira francesa- e agárdase que remate nos portos das Rías baixas nos próximos días.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta