Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2020 | Actualizada ás 20:12
As 293 persoas que se someteron a probas PCR tras rexistrase o positivo dunha traballadora na residencia de maiores Volta do Castro de Santiago de Compostela deron negativo.
Diso informou na tarde deste martes a área Sanitaria de Santiago, que detallou que entre estas persoas hai traballadores e usuarios.
Deste xeito, no conxunto de Galicia, os infectados con coronavirus COVID-19 en residencias sitúanse en 87, deles 68 maiores e 19 empregados contaxiados, dos que 56 usuarios e oito empregados corresponden a un brote nun centro no Incio.
Os 68 usuarios con coronavirus corresponden a 56 da Residencia do Incio, 11 na residencia Orpea de Culleredo e un na Residencia DomusVi Lalín.
En canto aos traballadores, ademais do oito afectados no Incio, hai dous na Residencia DomusVi de Lalín; catro na Orpea Coruña en Culleredo; e un en cada unha das seguintes residencias de maiores DomusVi de Monforte; Paradela; San Bartolomeu de Xove; DomusVi de Barra de Miño, no municipio ourensán de Coles; e Volta do Castro en Santiago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.