Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2020 | Actualizada ás 21:00
"Coláronnos a un intruso, un presentador da TVG". Así reaccionou o equipo de El Chiringuito cando descubriron que a persoa que viñan de emitir non era Brais, un ancián de Compostela afeccionado ó programa, senón Xosé Ramon Gayoso. O suceso tivo lugar na noite de onte e acumula xa case dous mil 'likes' en Twitter.
2020 tampouco está tan mal pic.twitter.com/vmHzn8M988
— Brais Doval (@BraisDoval) August 28, 2020
A xogada ao programa foi posible porque este habilitou unha vía de entrada ás fotografías dos afeccionados que están a sobrelevar a pandemia co espazo televisivo que presenta Pedrerol. Nesta circunstancia, un usuario de Twitter decidiu adxuntar unha imaxe do presentador da TVG asegurando que se trataba do seu avó e "sempre os vía". "Faríalle moita ilusión verse entre o público", engadiu.
Finalmente, os presentadores do programa descubriron a trampa a fixeron público que "lles colaran" ao lonxevo presentador. "Un abrazo para o noso compañeiro da TVG", sentenciou Pedrerol antes de invitalo a "estar aquí todas as noites, se quere", como se pode comprobar no vídeo seguinte. O tuit orixinal acumula xa a máis de 700 persoas comentando o suceso.
Aquí o momentazo https://t.co/Ea7tzDYUaG
— Alberto Rivera (@ARiveraRey) August 28, 2020
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.