Inés Rey "estudará" pedir a dimisión da presidenta do CSD polo seu papel no caso Fuenlabrada

A alcaldesa non descarta sumarse á moción do grupo municipal do PP para esixir a saída de Irene Lozano do Consello Superior de Deportes.

Por E.P. | A CORUÑA | 31/08/2020 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, asegurou que o grupo socialista "estudará" a moción do PP para que o pleno pida a dimisión da presidenta do Consello Superior de Deportes (CSD), Irene Lozano, pola súa actuación no caso Fuenlabrada. Defendeu que o apoio ás iniciativas plenarias por parte do goberno local "sempre" se fai "pensando na cidade".

"Estudaremos esa moción como facemos cada vez que hai unha moción que se presenta no pleno", detallou a rexedora, que dixo non coñecer o contido da iniciativa, que se debaterá na sesión do día 10. "O grupo socialista sempre que apoia mocións nos plenos faino pensando na cidade e no interese dos coruñeses e así o faremos", engadiu en declaracións aos xornalistas na presentación da primeira fase do plan de choque municipal.

A moción do grupo municipal do PP denuncia que Lozano "premiou a quen incumpriu as normas e puxo en xogo a saúde dos coruñeses", apuntando ao club de fútbol Fuenlabrada e ao presidente de LaLiga, Javier Tebas. Os populares consideran que a presidenta do CSD tiña a "responsabilidade política" de solucionar o "esperpento".

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta