Sorprenden a un home de 76 anos cultivando plantas de marihuana

O detido coidada de 12 plantas nunha finca de Oímbra.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 09/09/2020 | Actualizada ás 10:28

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Ourense detivo a un veciño de Oímbra, de 76 anos, ao que sorprendeu realizando labores de recolección de plantas de marihuana.

Segundo informaron os axentes, a detención produciuse sobre as 14,30 horas deste martes, cando os gardas civís sorprenderon a C.P.P., de 76 anos, colleitando 12 plantas de marihuana, cun peso total de 14 quilos.

En concreto, a plantación atopábase oculta entre a vexetación dunha paraxe coñecida como Os Vidros, en Oímbra. Ao home impútaselle un delito contra a saúde pública por cultivo e elaboración de drogas.

Intervidas 12 plantas de marihuana nunha leira
Intervidas 12 plantas de marihuana nunha leira | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta