Dez anos despois do bipartito, Feijóo segue gastando menos diñeiro en políticas sociais

Desde 2009 a 2019, hai un déficit de case dous millóns de euros menos gastados. Galicia é a quinta comunidade na que menos se recuperou o gasto en políticas sociais desde a crise de 2008.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2020 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

Galicia é a quinta comunidade  na que menos se recuperou o gasto en servizos públicos esenciais (sanidade, educación e servizos sociais) en comparación cos niveis previos á crise financeira desatada en 2008. De feito, a recuperación do gasto en políticas sociais é aínda "deficitaria" pois, tras 10 anos orzamentarios, o gasto en políticas sociais de 2019 (116.850,5 millóns) aínda está por baixo do de 2009 (116.851,7 millóns), cando rematou o goberno bipartito.

Así figura nun informe elaborado pola Asociación Estatal de Directores e Xerentes de Servizos Sociais, que cifra no 0,2% (12,8 millóns de euros) o recorte en termos porcentuais nos devanditos apartados nas contas autonómicas desde 2009, o que sitúa a Galicia no grupo do cinco comunidades que presentan un balance negativo xunto con Castela e León (-1,20%), Aragón (-3,00%), Castela-A Mancha (15,4%) e Cataluña (19,6%).

O informe revela que o gasto autonómico global en servizos públicos esenciais caeu en 2019 un 0,1% respecto ao gasto de 2018, pasando de 116.857,3 a 116.850,5, rompendo así a tendencia á alza que viña producíndose desde o ano 2014. "A ausencia de Orzamentos Xerais do Estado lastrou a tendencia de recuperación do gasto en políticas sociais póndoa en grave perigo", avisa a asociación.

Segundo explica, os recortes realizados en políticas sociais a partir do ano 2010 e que foron "especialmente drásticos" en 2013, conduciron a que nese ano se rexistrara o nivel máis baixo en gasto autonómico en servizos esenciais, con menos de 100.000 millóns de euros. Desde o ano 2014 e ata o 2018 rexistráranse aumentos, unha tendencia que se rompeu en 2019.

BALANCE DA DÉCADA EN GALICIA

O documento realiza un balance do gasto das comunidades en servizos públicos esenciais durante a década que comprende os anos 2009 e 2019. Deste xeito, Galicia é a oitava autonomía con maior gasto en sanidade, educación e políticas sociais en termos porcentuais, xa que destina o 61,5 por cento do total a estes apartados cun desembolso por habitante de 2.626,68 euros (décimo no ranking).

No entanto, segundo reflicte o informe, a evolución en termos porcentuais é negativa en Galicia (só Navarra e Asturias tiran resultado positivo). Neste sentido, o gasto contraeuse un 4,9% pese ao aumento de 59 euros no gasto por habitante.

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta
Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta