18 anos sen Vidal Bolaño, o Chekhov galego vetado pola Xunta de Fernández Albor

O autor compostelán foi clave na profesionalización do teatro galego da segunda metade do século XX.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2020 | Actualizada ás 22:25

Comparte esta noticia

Roberto Vidal Bolaño (1950-2002) faleceu nun mal día para ser lembrado. Comparte efeméride con Salvador Allende, os falecidos no 11S e, por riba, finou no Día de Cataluña, escollido para as multitudinarias diadas en defensa da independencia catalá. Estas vicisitudes non impiden que hoxe, a 18 anos anos da súa morte, sexan moitos os que traen ao recordo a enorme contribución dun artista polifacético e maldito, sempre cigarro en man.

Roberto Vidal Bolaño
Roberto Vidal Bolaño | Fonte: arquivo

As achegas de Vidal Bolaño á literatura galega deben ser comprendidas en clave dramática. Actor, escritor, escenógrafo, iluminador... o compostelán exerceu como principal impulsor do teatro do século XX en Galicia, chegando a conformar a primeira compañía profesional do país, o Grupo Antroido. Bolaño decidiuse lanzarse á profesionalización logo de ser despedido do posto que ostentaba nun banco de Santiago.

Nese momento comezaría unha longa carreira truncada antes de tempo polo hábito tabaqueiro do autor, que faleceu de cancro de pulmón con só 52 anos. A publicación de obras como Laudamuco, señor de ningures, As actas escuras, Criaturas e Saxo Tenor valéronlle múltiples recoñecementos que foron paralelos á súa implicación en dotar á dramaturxia galega dunhas institucións á altura.

VETADO POLA XUNTA

Precisamente, Vidal Bolaño sería un dos principais impulsores do Centro Dramático Galego, fundado en 1984. O compostelán permacería vencellado á institución ata que, pouco despois, unhas polémicas declaracións sobre a Consellería de Cultura de Fernández Albor provocaron que a Xunta vetara todas as súas colaboracións co Centro.

Multitude de tuiteiros aproveitaron a efeméride para lembrar a contribución e o enorme papel dunha figura clave na literatura galega do século XX.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta