Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2020 | Actualizada ás 20:45
Primeira entrega de contidos culturais e formativos por parte de Abanca e Afundación a través da plataforma Afundación TV. A posta en marcha deste servizo gratuíto arrincará o vindeiro 15 de setembro ás 19:00 cunha conferencia da man de Israel Serrano, que ofrecerá unha perspectiva experta sobre as aplicacións do Blockchain -un servizo para explotar criptomoedas como Bitcoin- no ámbito da industria.
O 16 de setembro terán lugar dous encontros tamén en IESIDE sen muros en Afundación - TV. Ás 18.30 h o experto Antonio Vidal ofrecerá unha visión analítica sobre o fenómeno do Big Data baixo a premisa de se este é aplicable ou non ás PEMES, máis alá das grandes corporacións. Medio hora máis tarde será a quenda de Julie Evans, que ofrecerá a súa perspectiva particular sobre o impacto das novas tecnoloxías na "función das compras".
A programación da semana continuará o 17 con Albert Salvador, que será o protagonista do seminario que, ás 18.30 h, virará en torno a «As vantaxes da certificación profesional de Compliance Officer». O 18 ás 19.00 h desenvolverase un panel en torno a «Ciberseguridade responsable. Como de posible é que teñas que pechar a empresa a causa dun ciberataque?», no que participarán António Fernandes, Cibersecurity Manager en Finsa; David González, Chief Information Security Officer (CISO) en Coren; Carlos López Blanco, Head of Digital Risk Office (DRO) en Hijos de Rivera-Estrella Galicia; e Pablo Masaguer, CISO en Sociedad Textil Lonia.
O 23 de setembro ás 18.30 h será a quenda de Ismael Faro, quen tratará cuestións relacionadas co «Impacto da Intelixencia Artificial en Big Data e BI. Novos retos e oportunidades para mellorar a intelixencia do negocio». Montse Garda estará en IESIDE sen muros o 22 ás 18.30 h analizando as cuestións esenciais vinculadas a «Blockchain e os novos modelos na gobernanza das finanzas».
INCRICIÓN PREVIA
Os seminarios ofrecidos por Afundación como parte do seu programa cultural para dar resposta á pandemia de covid-19 ofrécense de xeito gratuíto pero precisan de inscripción previa para acceder ós mesmos. O formulario en cuestión pode ser atopado na páxina web do portal, que esta semana estrea actividade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.