É posible xogar ao fútbol, ao baloncesto ou o balonmán con máscara?

A Xunta obriga aos deportistas a usar máscara nas competicións federadas en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2020 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

As competicións federadas autonómicas terán como obrigatorio o uso de máscara cando a práctica supoña contacto físico entre as persoas que realizan a actividade. Así o recolle a orde do Diario Oficial de Galicia (DOG) deste venres na que se modifican as directrices ditadas polo Consello da Xunta do 12 de xuño --e publicadas no DOG o día 13--, coa chegada da coñecida como 'nova normalidade'.

Nesta orde do 18 de setembro, que asina o recentemente nomeado conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, especifícase que na realización de adestramentos e na celebración de competicións dentro da actividade deportiva federada de competencia autonómica, aplicarase ", respecto do uso da máscara, o recollido especificamente no protocolo das federacións deportivas respectivas", aprobado pola Secretaría Xeral para ou Deporte.

Con todo, engade que nese protocolo debe "preverse que, cando a actividade deportiva supoña contacto físico entre as persoas que a practican, deberá utilizarse a máscara". Establece a excepción de que no mesmo protocolo, que ten que aprobar a secretaría xeral, se inclúan "medidas alternativas de protección específicas".

Ademais, mantén que, "sempre que sexa posible, durante a práctica da actividade deportiva deberase manter a distancia de seguridade interpersoal". No decreto de xuño, a actividade federada de competencia autonómica podíase realizar de forma individual ou colectiva, sen contacto físico e ata un máximo de 25 persoas simultaneamente no caso de adestramentos.

Xogadores de fútbol con máscara
Xogadores de fútbol con máscara | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta