Bugallo confía en que na primeira semana de outubro "quede normalizada" a situación de comedores escolares

Afirma que, a pesar de "casuísticas particulares", os comedores dos colexios municipais "funcionan desde o minuto uno".

Por E.P. | Compostela | 18/09/2020 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mostrouse confiado en que na primeira semana de outubro "quede normalizada" a situación dos comedores escolares da cidade, onde no nove centros que dependen do concello "están a funcionar desde o minuto uno", do mesmo xeito que o servizo de madrugadores.

Díxoo nunha rolda de prensa celebrada este venres desde o edificio Cersia, no barrio de San Lázaro, onde agradeceu o "esforzo inxente" realizado por profesores, familias e equipos directivos para iniciar o curso escolar en primaria e infantil nun contexto como o actual.

O rexedor sinalou que "moitos pais" son "remisos" nestes momentos a enviar aos seus fillos aos comedores, que se enfrontan a limitacións de aforamento do 50%, polo que prevé un aumento da "demanda" a medida en que avance o curso.

Segundo Bugallo, "previsiblemente" este fin de semana a Xunta publicará un novo protocolo para os comedores "que podería modificar cousas" que o concello "ten en marcha", polo que puxo o foco na necesidade de "adaptarse permanente" a un escenario cambiante no que existen "inseguridades e dificultades para atender casuísticas particulares".

CURSO DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Así mesmo, o alcalde santiagués comentou que a información recibida polo concello das autoridades sanitarias reflicte que a capital galega presenta "unha certa estabilidade no número total de casos" de covid-19, unha proporción "non especialmente alarmante" pero que non debe convidar á relaxación dadas as "características especiais" da cidade.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa. CONCELLO DE SANTIAGO
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa. CONCELLO DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta