PPdeG e o alcalde de Santiago coinciden en que as okupacións son "un problema social" en Galicia

Alfonso Rueda di que "teñen trascendencia social" e o alcalde de Santiago considera que xeran "preocupación", a pesar de que o presidente do TSXG dixo que este tipo de delitos "diminuiu".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2020 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, o socialista Xosé Sánchez Bugallo, coincide coa postura do PPdeG de que as okupacións son un "problema social", a pesar de que os datos de delitos teñan diminuído. Así, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou este luns que a Administración galega considera necesarias medidas "máis inmediatas" contra as okupacións de vivendas porque constitúen un problema de "transcendencia social" máis aló da súa importancia "cuantitativa".

Así o dixo en resposta a preguntas dos medios por mor das declaracións realizadas este fin de semana polo presidente do TSXG, José María Gómez y Díaz-Castroverde, que asegurou que este tipo de delitos en Galicia "diminuíron" e considerou que xa existen no ordenamento xurídico mecanismos suficientes contra eles. Iso, a pesar da polémica e do interese de algúns sectores e medios de comunicación por presentalo coma un gran problema social.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na súa comparecencia, xunto co alcalde de Santiago e o presidente da Deputación da Coruña.. Xunta de Galicia
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na súa comparecencia, xunto co alcalde de Santiago e o presidente da Deputación da Coruña.. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Con todo, Rueda, a pesar destes datos, suliñou que  Xunta considera que as okupacións son un tema "preocupante" contra as que hai que reclamar medidas "contundentes". "Non estou a falar desde un punto de vista cuantitativo", dixo Alfonso Rueda, que destacou que, aínda que o número sexa "maior ou menor", trátase de "un problema con moita transcendencia social".

BUGALLO

"O que a cidadanía pide e o que temos que facer as administracións é habilitar respostas para que se poida actuar rapidamente, con independencia de que a normativa actual poida ser ou non suficiente, pero ten que ter un modo de actuación máis inmediato", resolveu. Na mesma liña, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, explicou que, aínda que "estatisticamente" poida haber unha diminución, é unha cuestión que "está a xerar preocupación".

O rexedor explicou que "probablemente o número de inmobles é limitado" --cifrou nunha ducia os da capital galega--, pero, "en determinadas zonas", dixo, "existe unha preocupación social", sobre todo "cando a oupación se produce non tanto por familias que buscan unha solución ao seu problema de vivenda, pero teñen un trato coa comunidade razoable, se non outro tipo de grupos ou estruturas que levan unha serie de problemática".

"A ocupación de dous inmobles nun barrio en si non se pode considerar un tema masivo, pero se neses dous inmobles pasan cousas e as persoas que os ocupan xeran un problema importante á comunidade, xérase un conflito social", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Sentidiño

Todas coincidimos en que ter que ocupar vivendas baleiras é un problema social en Galicia. E en que o sol sae polo leste.

1 Gamela

Todas Non. Senon pregúntalle á Marea de Vigo por que mirou para outro lado cando o alcalde subastou ao mellor postor 40 pisos de propiedade municipal ? E agora cala a boca cando están a piques de expropiar as casas de 100 veciños en Valadares ? https://twitter.com/IlCanallaRubens... Só quen logo dunha noite fría busca unha raiola de sol para quentarse, sabe por onde sae o sol e onde pillar abrigo do vento... Outros viven moi ben contando contos... https://i.gal/gamela05 (se chegas a ler este artigo, verás que nin siquera as "doazóns" ían para a xente, senon para seguir a engordar a grasa dos amigos de Galapagar!) Da dereita xa sabemos como vive, pero da vida cotiá da esquerda ninguén quere falar !

1 Gamela

Esta tropa segue sen darse por enterada ! Moitas okupacións poderían solucionarse se meteran o nariz na SAREB en Vigo por exemplo. Pero agora dirán que tampouco teñen competencias neste lío de facer promoción de vivendas de luxo en lugar de xestionar os activos tóxicos (en dez anos seica non tiveron tempo!)