Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2020 | Actualizada ás 10:34
A defensa do detido pola morte do seu sobriño de tres anos en Santiago de Compostela o pasado 21 de setembro segue á espera de que os médicos determinen "se pode declarar ou non", pero destaca que "todo apunta a que non era consciente do que facía". Así o manifestou, en declaracións a Europa Press, o avogado Evaristo Nogueira, ao que a familia lle encargou a defensa do detido, que permanece ingresado na Unidade de Psiquiatría do Hospital de Conxo.
"Todo apunta a que non era consciente do que estaba a facer", afirmou o avogado, que puntualizou que se alguén "non ten coñecemento do que fai ten unhas consecuencias xurídicas: inimputabilidade", abundou. Por iso, "con toda a precaución", e á espera dos informes médicos e do Imelga, a defensa destaca que "os feitos apuntan a que non tiña coñecemento" dos seus actos. "Cal é a causa dese padecimiento teránnolo que dicir os especialistas", subliñou.
Tras os feitos e o ingreso hospitalario do detido, o Xulgado de Instrución Número 1 de Santiago de Compostela indicou que esperará a que este reciba o alta para tomarlle declaración en relación aos feitos sucedidos na noite do 21 de setembro. Segundo informaron entón fontes xudiciais, o sospeitoso da morte do menor atópase "en internamento non voluntario" na Unidade de Psiquiatría, no Hospital de Conxo, polo que non pasou a disposición xudicial.
As mesmas fontes indicaron que o Xulgado de Instrución Número 1 de Santiago "iniciará os trámites para tomarlle declaración cando o hospital comunique a súa alta".
FEITOS
A alerta do sucedido deuse pouco despois das 20,00 horas do luns 21 de setembro na rúa Loureiros da capital galega e efectivos sanitarios tiveron que prestar asistencia tamén a familiares da vítima mortal, de tres anos. O presunto autor dos feitos foi detido no lugar e trasladado posteriormente ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago polo seu estado de alteración, onde permanece na Unidade de Psiquiatría.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.