Xuízo contra socia dunha xestoría acusada de apropiarse de 145.000 euros

A muller está acusada de realizar retiradas e transferencias fraudulentas entre 2015 e 2020, causando un prexuízo económico á súa socia.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/02/2025 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, acollerá o vindeiro mércores, día 5, o xuízo contra unha das socias dunha xestoría da Pobra, acusada de facerse con case 145.000 euros das contas e beneficios da empresa ás costas da súa outra socia.cSegundo recolle o escrito de acusación fiscal, a procesada era socia ao 50% dunha asesoría con sede na Pobra do Caramiñal, onde desenvolvía, entre outras, labores contables.

Fachada do edificio da Audiencia Provincial de Lugo
Fachada do edificio da Audiencia Provincial de Lugo | Fonte: Arquivo

Aproveitándose desta situación, no período comprendido entre 2015 e 2020, como autorizada, fixo retiradas en efectivo das dúas contas da empresa por valor de 89.560 euros, transferiu á súa conta particular algo máis de 33.400 euros e realizou compras de roupa, perfumes, alimentación ou reparación do seu vehículo por valor de 12.766.34 euros.

Paralelamente, desviou á súa conta privada o diñeiro de dúas comunidades de propietarios que xestionaba, 9.375 euros nun dos casos, que foron devoltos ao ser requiridos pola súa socia, e 2.000 euros no outro.

Ademais, subscribiu un crédito a nome da asesoría falsificando para iso a firma da súa socia e quedou coa maioría do diñeiro, uns 6.805 euros, que foi transferindo en cotas mensuais á súa conta ata que, en outubro de 2020, a súa socia descubriu a póliza.

En total, o Ministerio Público estima que o prexuízo económico para a sociedade ascende a 144.561,12 euros e considera á procesada autora dun delito continuado de administración desleal e un delito de falsidade en documento mercantil, polos que pide para ela sete anos e medio de prisión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta